24 de out. de 2013

Axuda ao planeta, faite cidadán do Ártico!

O Ártico derritese e dél depende en boa parte o noso futuro, o futuro e o clima do noso planeta. Por eso, a razón polo que a organización Greenpeace pide que se declare santuario protexido ao polo norte, é xusto, pois na medida que acadaron fai 20 anos na Antártida, o camiño para conseguilo nunca será un camiño de rosas, é duro, polos intereses económicos creados baixo o xeo.

A tripulacións do buque de Greenpeace «Arctic Sunrise»

Así, desde o 20 de setembro toda a tripulación do mítico barco de Greenpeace «Arctic Sunrise» está no cárcere en Rusia, por ter realizado unha acción pacífica para pedir pola protección do Ártico; quizais o feito que na Rusia de Putin, metan a alguen na cárcere por loitar polo medio ambiente ou polos dereitos humanos non é sorprendente, pero si que o é, que 30 persoas arrisquen defender o Ártico, ainda a pesares de coñecer que poideran acabar con os seus osos entre rexas; porén agora precisan da nosa axuda, a organización necesita facer unha campaña global, que intercedas por eles, para que se decate o goberno Ruso que non están sós! agora é momento, que os apoies e asines a petición, e que difundas esta campaña global.


Salvemos o Ártico!
Campaña mundial #FreeTheArctic30

É urxente! Non te quedes de brazos cruzados, esixe ao Embaixador Ruso do noso país que interceda pola liberación de todas/os detidos, e que non permita que as petroleiras destrúan o Ártico, asina e difunde a campaña, está na túa man, nos teus dedos, a golpe de rato, é ben doado!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario