23 de xul. de 2013

Esto si é música… Quen é o guapo/a que o discute!

Hoxe queremos lembrar a Queen e a súa celebérrima "Bohemian Rhapsody", para o cal os poñemos en antecedentes sobre dita peza... Scaramouche (Scaramouch) é unha novela do escritor Rafael Sabatini (1875-1950), publicada en 1921. Ambiéntase na Francia revolucionaria do século XVIII. "Bohemian Rhapsody" (ou "Rapsodia bohemia") é unha canción escrita por Freddie Mercury para o seu álbum de 1975 "A Night at the Opera" e amosa unha estrutura inusual, mais semellante a unha rapsodia clásica que á música popular. A canción non posee estribillo e consiste en seis seccións: unha introducción a capela, unha balada, un só de guitarra, un segmento operístico, unha sección de rock e unha coda que retoma o tempo e a tonalidade da balada introductoria. O só de guitarra desta canción é considerado o vixésimo mellor de todolos tempos. Cando se puso á venda como single, "Bohemian Rhapsody" foi un éxito comercial apabullante, permaescendo no cumio das listaxes británicas perante nove semanas. Acadou alí o posto número un, outra vez, en 1991, tras o pasamento de Freddie Mercury. En total, tivo mais de 2 millóns en ventas, sendo o tercer single con maior cantidade de ventas de todolos tempos. En "Bohemian Rhapsody", Freddie Mercury, Roger Taylor e Brian May utilizan as suas voces; cantando medio, agudo e grave, respectivamente. May toca a guitarra; Taylor, a batería, os timbales e o gong; e John Deacon, o baixo eléctrico. Segundo diversas interpretacións, esta canción amosa a homosexualidade do seu autor, Mercury, que se preparaba para deixar a sua noiva Mary Austin e conquerir unha parella masculina. Outras versións afirman que a canción revelaba que padecía o SIDA, (o que é incorrecto xa que él contraxo a enfermedade anos despois). Pois que disfrutedes, dunha das mellores pezas musicais do século XX, irrepetible Freddie Mercury.

Vídeo: You Tube

Ningún comentario:

Publicar un comentario